Skip to content Skip to footer

Poesía da Natureza Biblioteca Rialeda Oleiros

ClienteBiblioteca RialedaAño2024AutorMiguel Sánchez MosqueraShare

Poesía da natureza — Primera publicación registrada de Miguel sánchez Mosquera para la Biblioteca Rialeda de Oleiros.

O Concello de Oleiros edita unha publicación sobre o edificio da biblioteca Rialeda e as árbores do seu xardín.

A Biblioteca Central Rialeda está situada nun edificio modernista proxectado no ano 1912 polo arquitecto coruñés Rafael González Villar e restaurado polo Concello de Oleiros a través de dúas escolas taller, inaugurándose como biblioteca en 1998.

Rodeada dun agradable xardín con gran diversidade de árbores e arbustos, no que destacan un cedro do Himalaia e frondosos tileiros, pódense atopar especies variadas, desde castiñeiros ata outras moi adaptadas ao noso territorio, como son as camelias ou as magnolias.

En «Rialeda, poesía da natureza» amósase unha fotografía e a descrición da planta acompañada duns versos da obra de diversos escritores e escritoras. Os textos das árbores e arbustos foron realizados por Fina Mosquera Roel, profesora de ensinanza primaria no colexio Valle Inclán de Perillo.

As fotografías e o deseño son de Miguel Sánchez Mosquera, que estudia Bachelor of Arts de fotografía e vídeo en LABA Valencia School of Art Design & New Media. A coordinación e a selección das poesías foi realizada polo persoal da Biblioteca Central Rialeda.

Deséxase potenciar a cultura de unir ciencia e literatura e invítase a que visiten a biblioteca e gocen do apracible parque.

https://bibliotecasoleiros.blogspot.com/2024/02/rialeda-poesia-da-natureza.html

Si tienes un proyecto entre manos, no dudes en ponerte en contacto.

Dirección

España —
Oleiros, A Coruña, 15179

Russafa, Valencia, 46002

Contacto

+34

    Miguel Sánchez Mosquera© 2026. All Rights Reserved. 1996-2025